Vila tradicionalmente vencellada á industria conserveira, baleeira e pesqueira.

Hoxe en día é o centro comarcal de negocios, foco atractor de investimento e traballadores cualificados, sendo un dos poucos concellos do país que gaña poboación.

Acerca do Concello de Cee

Subscribirse ó boletín

 

I XORNADAS DE ACTUALIZACIÓN DE DIRECCIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN DE CLUBES E ENTIDADES DEPORTIVAS NO CONCELLO DE CEE 2014

27/09/2014 -

Os vindeiros días 3 e 4 de outubro terá lugar no Concello de Cee (Salón de Plenos 2º andar) un curso de formación promovido pola Deputación Provincial da Coruña.

O curso ten unha duración de 12 horas (venres pola tarde e sábado todo o día), é gratuíto para todos os  técnicos e adestradores dos clubes da provincia.

Impartiranse 3 contidos de especial relevancia: responsabilidade civil dos técnicos, búsqueda de patrocinadores e colaboradores e xestión dunha entidade deportiva.

Máis información neste enlace http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/formacion-i-xornadasdeactualizacion-2014/

   

XORNADAS DE MOTIVACIÓN PARA EMPRENDER EN CEE

27/09/2014 -

Os días 2 e 3 de outubro en horario de 16:00 a 20:00 horas, terán lugar no Salón de Actos do Concello de Cee as "Xornadas de Motivación para Emprender".

A inscricición é gratuíta e pódese facer no teléfono 981745100 (ext. 6) ou no e-mail orientacion.laboral@cee.dicoruna.es

As xornadas están organizadas pola Deputación da Coruña e polos concellos de Fisterra, Corcubión e Cee. Colabora tamén  o IGAPE e a Xunta de Galicia

 

   

VI CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CEE 2014

24/09/2014 -

Convocase a VI edición do Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero Cee 2014.

  • Lugar de presentación: no Rexistro Municipal.
  • Prazo: ata o 7 de novembro.
  • Premios: maiores 18 anos (200 €), alumnado de Bacharelato (100 €) e alumnado 3º e 4º ESO (100 €)
  • Información: 981745100 - CIM (Centro de Información á Muller Cee) 607026795

Pódense descargar as bases do concurso neste enlace.

   

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL CEE CURSO 2014-2015

16/09/2014 -
O Concello de Cee, a través do Servizo de Deportes Municipal, presenta o programa  de escolas e actividades físico-deportivas para o curso 2014-2015 que están dirixidas a toda a poboación.

O prazo de pre-inscrición rematará a  finais de mes.

Máis información na oficina do Servizo de Deportes (2º andar), no e-mail deportes@concellocee.es ou ben chamando ao teléfono 981745100 (ext. nº 3)

Pódese descargar o programa completo neste enlace

 

 

 

 

   

Páxina 1 de 25